QUEN SOMOS

COMPARTE:

ANTONIO MÉNDEZ RODRÍGUEZ

Graduado en ADE e en Xornalismo. Nacín en Ourense e alí comecei a interesarme polo deporte e a economía ata que as miñas inquedanzas mudaron cara o eido da comunicación. En concreto, os meus intereses céntranse no xornalismo cultural e de viaxes, así como nos novos formatos e produtos xornalísticos. Isto converxeu no noso proxecto entrelinguas.gal, xunto cunha motivación por comprender e dar a coñecer a diversidade cultural, histórica e lingüística de Galicia, xa que “ser diferente é ser existente”.


SARA BARREIRO ÁLVAREZ

Nacín en Ourense o ano que clonaron á ovella Dolly, os Backstreet Boys sacaron Everybody e se estreou a película Titanic. Anos máis tarde, marchei a Santiago para estudar xornalismo e xuntar as miñas dúas paixóns: as historias e as imaxes. Dende aquela, intento que as imaxes que capto conten a súa propia historia e que as historias que conto conformen a súa propia imaxe.

ALEJANDRO VÁZQUEZ CORRAL

Xornalista e de Narla. Non teño moi claro se ando detrás das historias ou as historias andan detrás de min. Pero bueno, menos mal que xogamos a pillar e non ao escondite.