Cultura de As Nogais

"A actividade que máis impacto tivo e que máis xogo nos dá á asociación Abrente para ir a outros lugares é, curiosamente, o teatro"
COMPARTE:
Na actualidade, a promoción, diversificación e realización de actividades culturais en As Nogais ten un claro protagonista: a Asociación Cultural Abrente. Esta agrupación, con veciños de tódolas idades, promove unha oferta cultural no concello que atrae a moitos habitantes da contorna. Desde baile tradicional a artes escénicas, Abrente difunde cultura desde unha ollada local.