Cultura de Moeche
"O toelo é a rocha máis característica do concello"
Un xeoparque é un territorio que posúe un patrimonio xeolóxico salientable e singular pero tamén unha estratexia de desenvolvemento propia en termos económicos. O municipio modestino, que desde o punto de vista xeolóxico sitúase na chamada Unidade de Moeche, participa nesta iniciativa xunto con outros seis concellos da contorna que, entre outras actividades, ofrecen rutas xeolóxicas.
O toelo caracterízase pola súa cor verdosa |
A creación de patrimonio a través da capacidade autodidáctica
Unha persoa autodidacta presenta unha serie de calidades como a intelixencia (debido á facultade de aprender sen mestre) e a vontade (a aprendizaxe require esforzo e tempo). Ademais, esixe entusiasmo polo que se aprende. A cestería en Galicia é un deses oficios tradicionais moi presentes historicamente no territorio, sobre todo en relación ao mar e ao ámbito campesiño.
Hoxe en día é unha arte en declive que está sendo recuperada por persoas autodidactas que sentiron a paixón pola cestería ou ben, como o caso do modestino Argentino Orgales, tiveron que aprender por necesidade. Sexa cal sexa o motivo da aprendizaxe autodidacta e a arte ou idea que se queira levar a cabo, esta axuda a crear patrimonio como é o caso da cestería.