Cultura de Negueira de Muñiz

"Se se conseguira que dúas ou tres adegas máis deran o paso de profesionalizarse, sería moi importante para esta zona"
COMPARTE:
En Negueira de Muñiz, unha actividade está en alza: a viticultura. As variedades que destacan na zona son a blanca lexítima, a blanca verdella (non recoñecida), a mencía, o tinto verdello (merenzao) e o tinto serodio, como indica o presidente da Asociación Bodegueiros, Francisco Javier San Román. Esta agrupación de produtores intentan sacar adiante unha Indicación Xeográfica Protexida (IXP), circunstancia que axudaría a impulsar a vila grazas a un ben gastronómico como é o viño.