Fala de As Nogais

"A área dialectal Oriental-Central é a máis conservadora"
COMPARTE:


As Nogais englóbase dentro da chamada área oriental-central, pertencente ao bloque oriental. Segundo Francisco Fernández Rei, autor do libro Dialectoloxía da Lingua Galega, neste espazo dialectal englóbanse todos aqueles concellos do bloque oriental que non se inclúan dentro das áreas asturiana, ancaresa e zamorana.



Os datos oficiais máis recentes non achegan unha cifra específica sobre o uso do galego en As Nogais pero, segundo un informe do Instituto Galego de Estatística (IGE) de 2018, o 88,50% das persoas da área Lugo oriental falan “en galego sempre ou máis galego ca castelán”. Se ben é certo, existen cifras do IGE referidas ao ano 2011, as cales amosan que entre o 80% e 100% de habitantes de As Nogais teñen o galego como primeira lingua.

Por outra parte, veciños de As Nogais como Laura Pardeiro recoñecen que o uso do castelán "aínda é un factor diferencial" xa que aos que empregan este idioma "recoñécenos por iso". Isto é, "o galego é a lingua predominante no concello", así como no "colexio e no o instituto de Becerreá e canto máis cara Cervantes está máis presente".





Os trazos dialectais aplicados á escrita

Pardeiro impulsou o blogue Leiras e Marcos, unha revista dixital que ten como propósito reivindicar a fala da zona, entre outros aspectos. Neste senso, a autora asegura que en As Nogais "mantéñense os trazos dialectais, é raro que alguén fale galego normativo".