Fala de Baleira

"Determinados fenómenos que son propios do bloque central, no concello baleirés non se dan"

COMPARTE:


O concello de Baleira englóbase lingüísticamente dentro da chamada área central de transición, pertencente ao bloque central. Segundo Francisco Fernández Rei, autor do libro Dialectoloxía da Lingua Galega, neste espazo dialectal englóbanse "tódolos falares do bloque central entre as áreas mindoniense e lucu-auriense".


Os datos oficiais máis recentes non achegan unha cifra específica sobre o uso do galego en Baleira pero, segundo un informe do Instituto Galego de Estatística (IGE) de 2018, o 88,50% das persoas da área Lugo oriental falan “en galego sempre ou máis galego ca castelán”. Se ben é certo, existen cifras do IGE referidas ao ano 2011, as cales amosan que entre o 80% e 100% de habitantes de Baleira son falantes de galego como primeiro idioma.