Fala de A Mezquita

"O trazo fundamental da fala do concello mesquités é que son teístas, non distinguen entre o 'te' e o 'che'"
COMPARTE:


O concello de A Mezquita, situado no extremo suroccidental da provincia de Ourense e pertencente á comarca de Viana, engloba a súa fala dentro da área zamorana. Dito espazo dialectal resulta peculiar porque abarca municipios galegofalantes da provincia de Zamora, tales como Porto, Hermisende ou Lubián. Con todo, estes lugares presentan algunhas diferenzas respecto ás características de A Mezquita: ausencia de teísmo (Porto) ou o pronome átono le (Lubián), entre outras.



A Mezquita é o concello representativo da área zamorana, emplazada no bloque oriental, e presenta fenómenos dialectais como a terminación -iño (camiño, padriño), a confusión dos ditongos oi, ou (noite/noute) ou o pronome suxeito nós, vós con o pechado fronte a nòs, vós.



No tocante ao uso do galego, os últimos datos oficiais referidos a concello sinalan que en A Mezquita entre o 80% e o 100% da poboación emprega o galego como primeira lingua, segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE). Recentemente, o propio IGE publicou un informe no 2018 do uso do galego por áreas e na de Ourense Sur (á que pertence A Mezquita) o 88% das persoas falan en "galego sempre ou máis galego que castelán".