Fala de Negueira de Muñiz

"O artigo determinado masculino singular non é 'o', é 'el' e non é un castelanismo"
COMPARTE:


Francisco Fernández Rei sostén que a área asturiana, do bloque oriental, engloba "tódolos falares galegos do occidente de Asturias, así como o concello lucense de Negueira de Muñiz". Este municipio lucense, situado na comarca da Fonsagrada, presenta, segundo un informe do Instituto Galego de Estatística (IGE) de 2011, que entre o 40% e 60% dos seus habitantes son falantes de galego como primeira lingua.