Fala de Laxe

"É a zona máis norteña que ten seseo total"

COMPARTE:


A fala de Laxe enmárcase dentro da chamada área bergantiñá, que engloba outros concellos como Cabana de Bergantiños, Ponteceso ou Malpica de Bergantiños, situados na Costa da Morte e pertencentes á comarca de Bergantiños.

O catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela Manuel González González encargouse nos anos setenta da recolleita de datos da fala da zona para conformar o Atlas Lingüístico de Galicia, exactamente na parroquia de Traba. González recorda foron "unhas entrevistas moi agradables e cun trato como é a xente da costa: en canto teñen confianza contigo son persoas que o dan todo".

"A experencia da recollida dos datos para o Atlas Lingüístico de Galicia é, desde o punto de vista persoal e vital , das experiencias más fructíferas que pode ter unha persoa porque che permite entrar non só coa vida cultural das persoas senón tamén ver in situ os seus problemas reais, as súas preocupacións, a súa maneira de pensar e de ver o mundo. É un privilexio", rememora González.




No tocante ao uso do galego, o 80%-100% da poboación de Laxe é falante de galego como primeira lingua, segundo un estudo de 2011 do Instituto Nacional de Estatística (IGE). Os datos oficiais máis recentes amosan que na área da Costa da Morte, á que pertence Laxe, o 92,43% das persoas fala "en galego sempre ou máis galego que castelán.